Nesta lapela irei poñendo propostas de experimentos sinxelos que faremos na aula, e que despois pódense repetir na casa, se se quere.
Na páxina da ligazón aparece case sempre a explicación do que ocorre no experimento.
A pasalo ben!
- Muíño de papel. Instrucións para facelo.
- Experimento de flotación: indicacións para facelo.
- Experimento de flotación: folla de rexistro.
- A torre inclinada. Experimento sobre o centro de gravidade.
- A torre inclinada. Folla de instrucións.
- Espiral en rotación. Experimento sobre as correntes de aire.
- Un equilibrista na pasarela. Experimento sobre o equilibrio.
- Taumatropo.
- A lata que dá saltos. Ao quencer o aire, aumenta a presión que este exerce, e intenta saír por debaixo da lata.
- O guante que colle vida. A auga que entra por abaixo empuxa o aire, facendo que aumente a presión deste cara o guante.
- A auga que non cae. A cartolina queda adherida ao vaso coa humidade, e a presión do aire que hai por debaixo (presión atmosférica), fai de soporte para o peso da auga, por iso non cae.
- Plantar sementes nunha caixa de CD. Deste xeito, grazas á transparencia da caixa de CD, poderemos ir observando como se desenvolve a planta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario