miércoles, 24 de mayo de 2017

Ríos

Levamos xa un tempo traballando nun novo proxecto: os ríos.
Estamos aprendendo un montón de cousas sobre os ríos en xeral, e tamén sobre os ríos de Galicia, e a ubicarnos un pouco no mapa.
A semana pasada, por equipos, fixemos unha maqueta dun río.
Utilizamos un cartón de leite cortado ao medio, pintura, plastilina, papeliños de cores, pedriñas...
https://goo.gl/photos/TAUdBUtaoWZpuydz6

Ao rematar, puxémoslle a cada parte do río o seu nome.
Temos as maquetas expostas no corredor, porque nos gusta moito como quedaron, e queremos que as vexa todo o mundo.
A ver se a vós tamén vos gustan! ;-)