jueves, 21 de diciembre de 2017

Bo Nadal!

Chegou o final do trimestre.
Hora de irse de vacacións!!
Para celebralo, hoxe botamos o día de festa. Estivemos na clase xogando, comendo, bebendo e bailando. Diredes que que máis se pode pedir, non? Pois houbo máis! Porque tamén fomos ver a actuación do alumnado de 5º e 6º, que cantou para nós unha fermosa canción.
https://photos.app.goo.gl/jNOjeNe05FwmxNY43

E, por suposto, recibimos a visita do Apalpador.
Se dubidades, mirade as fotos, que dan proba de todo canto vos conto.
Pasádeo moi ben durante estas festas, para logo volver coas pilas cargadas.
Bo Nadal!!

lunes, 18 de diciembre de 2017

Proxecto cambio climático

Durante este trimestre, estivemos traballando nun proxecto sobre o cambio climático.
Aprendemos moitas cousas sobre as causas do cambio climático, así como acerca de medidas a tomar para tratar de frealo.
Algúns dos cambios que estamos padecendo xa (como furacáns enormemente virulentos, ou secas como non as recordaban nin as persoas máis vellas do lugar) alértannos da importancia de facer algo para que a temperatura do noso planeta non siga subindo de maneira descontrolada.
https://photos.app.goo.gl/qWMP0yMBiI6VWotp1

Da que acabamos de facer os nosos traballos, expuxémolos en distintas clases do noso cole.
Podedes mirar as fotos picando na que vedes aí arriba.
A ver se vos gustan!
E non esquezades tomar medidas para frear o quecemento do planeta. Se nolo propoñemos, seguro que o conseguimos!

miércoles, 29 de noviembre de 2017

Dia 29 de Novembro,o tempo de hoxe

Hoxe fai sol con nubes,a temperatura  interior é de 18,1º  e a temperatura esterior é de 12,0 grados.

 Feito por Alba

martes, 28 de noviembre de 2017

Hoxe e 28 de novembro

Hoxe vai sol e un pouco de frío. A temperatura exterior é de 19.1º e a interior de 17.9º.
Este trabayo está feito por Marta Lois

lunes, 27 de noviembre de 2017

O tempo de hoxe

Hoxe o dia esta soleado.
A temperatura interior e de 17º e a temperatura exterior e de 9.7º.
Feito  por  Marta G.

martes, 21 de noviembre de 2017

O cambio climático

Ola son Marta Pastoriza  e fixen un video  que  se trata de como frear o cambio climático.
Podedes velo aquí
Espero que vos guste.

Martes 21

Hoxe   fai  sol.
A temperatura  exterior é de  19,4 º, e  a temperatura interior é de 19,6º.
De  lucia

lunes, 20 de noviembre de 2017

 Ola amigos! Son Yoni.  Acordadesvos?
 Hoxe dia 20 de novembro, fai frío e un pouco de calor.  Pero esto non é nada despois no recreo xa fai moita calor. A temperatura  dentro é de 18,3 grados centígrados e fóra fai 15,2 grados centígrados.

jueves, 16 de noviembre de 2017

miércoles, 15 de noviembre de 2017

O tempo

Hola hoxe fai sol,  a temperatura interior é de 19º, e a temperatura exrerior é de 17º.
Feito por Erea

martes, 14 de noviembre de 2017

Vídeo de David Fernández

Este  e o meu Power Point e o mando para que vexades que podes facer para frear o cambio climático


Feito por David F.

Pincha aquí para velo

14 de novembro de 2017-2018


Hoxe fai sol e un pouco de vento.
 A temperatura interior é de  18.8º.
 A temperatura exterior è de 17.9º.
 Feito por Martìn Ventoso Ageitos






lunes, 13 de noviembre de 2017

o tempo. Nerea.

Hoxe fai sol .
A  temperatura  interior e de 18.4 graos, e a temperatura exterior e de 14.9 graos
Feito por Nerea Tomé .

jueves, 9 de noviembre de 2017

Dia 9 de Novembro

Ola son Alba
Hoxe  esta nubrado e fai frío.
A temperatura interior e de 19.3º, e a temperatura esteriore de 12.9º.

miércoles, 8 de noviembre de 2017

 
Hoxe  fai sol  e  está despexado  ,  fai un  pouquiño de  frio.  A  temperatura  interior   é  de 18,4ºC e a temperatura exterior é de 19,7ºC.
                 Feito por  Marta  G.

martes, 7 de noviembre de 2017

Día 7 de novembro.
Hoxe fai néboa e está nubrado.
A temperatura interior é de 18.8º e a temperatura exterior é de 15,2º.
Feito por Sabela

lunes, 6 de noviembre de 2017

Dia 6 de novembro

Hoxe o tempo é despexado e con un pouco de vento suave.
A temperatura interior e de 17.0º.
A temperatura exterior e de 16,1º
Feito por David.

viernes, 3 de noviembre de 2017

3 de Novembro

















Hoxe fai unha temperatura de 12.8 graos fóra e dentro do meu colexio 19.5 graos, e esta é unha foto do tempo que fai.  
Feito por David Fernández Paz

jueves, 2 de noviembre de 2017

O tempo 2 de novembro.



Hoxe está chovendo e fai vento e todo está mollado.
A temperatura interior é de  19,4º, e a exterior é de 13,9,º.
Feito por Sofia.

martes, 31 de octubre de 2017

O tempo


Hoxe fai sol  e vento. 
A temperatura interior é de 20,2º, e a exterior é de 18,8º.
Traballo de   Lucía

lunes, 30 de octubre de 2017

Día 30 de outubro


Hoxe é día 30 de outubro, fai un pouco de calor e o ceo está despexado. Noticias do tempo: isto non pode seguir así, hai que coidar mellor a Terra, por favor.
A temperatura interior é de 20,9º, a temperatura exterior e 19,4º, e bueno fans de noticias do tempo, ata logo.
Traballo de Yoni

viernes, 27 de octubre de 2017

jueves, 26 de octubre de 2017

Mércores 25 de outubro



Hoxe fai un pouco de sol e nada de vento e tanpouco non hai nubes.
A temperatura exterior e 13.1º e a interior e 19.1º.
Dentro fai máis calor que forá.
Feito por Erea

Día 26 de outubro


No interior hai 19.8º no exterior hai 16.8º.
O día está un pouco nubrado e un pouco de sol.
Traballo feito por Valeria

martes, 24 de octubre de 2017

Martes 24 de outubro. O tempo


Hoxe fai sol con nubes e un pouco de frío.
Temperatura interior 18.5.
Temperatura exterior 15.2.
Feito por Martín de 3 b

lunes, 23 de octubre de 2017

O tempo dia 23 de outubro

Hoxe vai frio,  sol e nubes.
A temperatura exterior e de 10,2 graos.
A temperatura interior e de 18,0 graos.
Traballo feito por Nerea.

lunes, 25 de septiembre de 2017

Granadas


https://photos.app.goo.gl/x8jex6iknXsGMm402

Esas que vedes na imaxe son granadas.
Tróuxoas Valeria o venres pasado, para que probásemos a froita do granado que teñen na súa casa.
Abrímolas, e así puidemos ver como eran por dentro, como ulían...e como sabían!
Tamén buscamos información en internet, porque o primeiro que se nos ocorreu é que, se iso que tiñan dentro eran sementes, igual as podíamos plantar. Polo que vimos, hai que quitarlles a polpa ás sementes, e despois de secalas un pouco, enterrar varias en cada maceta, procurando que a terra estea sempre algo húmida, pero non enchoupada. Se funciona, hai que escoller os mellores plantóns para poñer en cadansúa maceta.
Así que, despois de probalas, gardamos algunhas sementes para plantar a semana que vén...e a ver se hai sorte.
Moitas grazas a Valeria e á súa familia por proporcionarnos esta experiencia cun froito que non toda a clase coñecía!

jueves, 22 de junio de 2017

Río Xallas.

Ola 
Somos  Marta G  e  Álvaro e mandámosvos o noso Power Point do Río Xallas.
Espero que vos guste.

viernes, 16 de junio de 2017

RÍO ANLLÓNS

Ola:
somos Sabela e David F. de 2ºB do C.E.I.P. Heroínas de Sálvora.
Fixemos un Power Point do Río Anllóns.
Podedelo ver aquí.



Espero que vos  guste.

RÍO EO

Ola, somos Lucía, David e  Irene do C.E.I.P  Heroínas  de  Sálvora.
E  fixemos un  Power Point do  río  Eo.
Espero  que  vos  guste.

Río Sil

Ola, somos Valeria, Erea e Sofía de CEIP Heroínas de Sálvora de 2º B.
Na aula de informática fixemos un Power Point do Río Sil,  contamos o nacemento e todo sobre el.
Espero que vos guste.







jueves, 15 de junio de 2017

Pintar no muro: Thierry Noir

Thierry Noir foi un artista francés que viviu en Berlín moito tempo.
Cando el chegou a Berlín, a cidade estaba aínda dividida polo muro. El foi o primeiro en pintar enriba deste.
O muro estaba moi vixiado, e estaba prohibido pintar nel. Así que Noir buscou os lugares menos controlados, e púxose a deseñar os seus bonecos. Era a súa maneira de protestar contra un muro que dividía unha cidade de xeito irracional.
Thierry Noir procuraba ir acompañado de alguén que lle avisase de se viña a policía, para poder escapar a tempo.  Tamén buscou a sinxeleza, porque tiña que rematar pronto para evitar que o collesen.
Durante cinco anos, ata que caeu o muro, Thierry seguiu pintando sobre el as súas siluetas, que hoxe son un dos iconos de Berlín.

https://goo.gl/photos/wUqCoA5LBbHWrhk77
No cole quixemos renderlle unha pequena homenaxe a este artista de rúa, pintando ao seu estilo.  Fixemos na clase cadanseu debuxo, e logo escollemos un para pintalo fóra, no muro exterior do cole.
A que molan?

Aunque pintarlo estaba prohibido (los soldados tenían permiso para disparar en cuanto vieran cualquier actividad que ellos consideraran sospechosa en la zona inmediata a la frontera), se lanzó en 1984 a garabatear dibujos chillones, protestas gráficas contra el "monstruo" que partía a la ciudad por la mitad en los años finales de la Guerra Fría. Para sentirse más protegido, intentaba no ir solo y evitar las zonas poco frecuentadas.

Ver más en: http://www.20minutos.es/noticia/2117841/0/thierry-noir/muro-de-berlin/pintura/#xtor=AD-15&xts=467263
. Aunque pintarlo estaba prohibido (los soldados tenían permiso para disparar en cuanto vieran cualquier actividad que ellos consideraran sospechosa en la zona inmediata a la frontera), se lanzó en 1984 a garabatear dibujos chillones, protestas gráficas contra el "monstruo" que partía a la ciudad por la mitad en los años finales de la Guerra Fría. Para sentirse más protegido, intentaba no ir solo y evitar las zonas poco frecuentadas.

Ver más en: http://www.20minutos.es/noticia/2117841/0/thierry-noir/muro-de-berlin/pintura/#xtor=AD-15&xts=467263
. Aunque pintarlo estaba prohibido (los soldados tenían permiso para disparar en cuanto vieran cualquier actividad que ellos consideraran sospechosa en la zona inmediata a la frontera), se lanzó en 1984 a garabatear dibujos chillones, protestas gráficas contra el "monstruo" que partía a la ciudad por la mitad en los años finales de la Guerra Fría. Para sentirse más protegido, intentaba no ir solo y evitar las zonas poco frecuentadas.

Ver más en: http://www.20minutos.es/noticia/2117841/0/thierry-noir/muro-de-berlin/pintura/#xtor=AD-15&xts=467263

miércoles, 14 de junio de 2017

Rio Tambre

Ola Somos Nerea, Alba e Marta P. Esta é a nosa presentacion do Rio Tambre, esperemos que vos guste. E se vos gusta dádelle a "gústame".Gracias.

martes, 13 de junio de 2017

Río Miño

Ola somos David F,Sabela e Marta L. de 2ºB  do C.E.I.P. Heroínas de Sálvora.
Fixemos un Power Point  do Río Miño.
Primeiro buscamos información que  nos deu a profe Nela, e despois buscamos
imaxes da información. E fomos facendo o Power Point e ao final mandámosllo á profe Nela, que o converteu nuha película  que  podedes ver aquí.


       

miércoles, 24 de mayo de 2017

Ríos

Levamos xa un tempo traballando nun novo proxecto: os ríos.
Estamos aprendendo un montón de cousas sobre os ríos en xeral, e tamén sobre os ríos de Galicia, e a ubicarnos un pouco no mapa.
A semana pasada, por equipos, fixemos unha maqueta dun río.
Utilizamos un cartón de leite cortado ao medio, pintura, plastilina, papeliños de cores, pedriñas...
https://goo.gl/photos/TAUdBUtaoWZpuydz6

Ao rematar, puxémoslle a cada parte do río o seu nome.
Temos as maquetas expostas no corredor, porque nos gusta moito como quedaron, e queremos que as vexa todo o mundo.
A ver se a vós tamén vos gustan! ;-)

lunes, 27 de marzo de 2017

Cachorros de Marta P

Ola  soy  Marta  P. Fixen   unha  presentación de  Cachorros.  Espero que   vos    guste   moito.

viernes, 24 de marzo de 2017

jueves, 23 de marzo de 2017

Nerea,La que se avecina

Ola son Nerea, aquí vos mando a miña presentacion de "La que se avecina" . É un canal moi divertido, eu véxoo todos os días aínda que  agora non haxa.
Espero que vos guste. Chao.

Os peixes,Alba

Ola eu son Alba, e vouvos mandar a miña presentación dos peixes e espero que vos guste.
os_peixes
View more presentations or Upload your own.

miércoles, 22 de marzo de 2017

Capitan man,Joni

Ola  so Yoni  Cazador  Dos Santos. 
Fixen un  traballo dos  meus debuxos  favoritos.
Espero que  vos guste. Adeus.

martes, 21 de marzo de 2017

Coellos (Marta Lois)

Ola  son  Marta Lois. E tráiovos  unha  presentación  de  coellos.
Espero  que  vos guste

lunes, 20 de marzo de 2017

La patrulla canina (Marta G.)

Ola  chamome Marta  G. A  ver se vos gusta a  miña presentación.
A  miña presentación vai da patrulla canina e tamén vai de cachorros e de gatos.

viernes, 17 de marzo de 2017

jueves, 16 de marzo de 2017

Cachorriños (Valeria)

Ola son Valeria. Esta é a miña presentación dos cachorriños.Vai de cachorros e quixen facelo porque os cachorriños son mascotas obedientes, xogan con nós e son moi achuchables e cuquis.
Espero que vos guste moito.

miércoles, 15 de marzo de 2017

Sabela, La que se avecina

Ola son Sabela, mándovos a miña presentación dos perxonases de "La que  se avecina".

Vai de como se chaman os personaxes de "La que se avecina", espero que vos guste moito.

martes, 14 de marzo de 2017

Mamiferos,Erea

Ola son Erea e hoxe preséntovos a miña presentacion dos mamíferos que vai do que están a facer.
Espero que vos guste.

lunes, 13 de marzo de 2017

Coellos Irene

Ola! son Irene e mándovos a miña presentación que vai  de como se alimentan  os coellos e se son  vertebrados  ou non o son.
Espero  que vos guste moito.                             

viernes, 10 de marzo de 2017

Transescultura

O xoves, na clase de Alternativa, estivemos xogando un pouco coa transescultura.
https://goo.gl/photos/Q8q79UkvyjrSC1dbA

Fixemos torres moi altas, buscamos equilibrios, buscamos a estética, cambiamos por aquí, cambiamos por alí...e ao final volvemos a levar as caixas para o seu lugar.
Tirar as torres para recoller...tamén foi divertido!
Gústanvos as fotos?

domingo, 26 de febrero de 2017

Hippies

Este venres, o noso cole parecía o festival de Woodstock.
Había hippies por todas partes!
Hippies xogando ao parchís, hippies bailando, pintando, xogando ás cartas...
Non o credes?
Pois aquí vos quedan as fotos para dar testemuña.
https://goo.gl/photos/tFf5mKmMuGyT81YPA

miércoles, 22 de febrero de 2017

Estrea mundial de "Vacacións, por favor!"

Como ben saberedes, no grupo de atención educativa este curso estamos traballando o teatro.
Durante o que vai de curso, estivemos traballando técnicas teatrais nas horas desa materia. Fixemos xogos de expresión corporal, xogos para traballar a voz, xogos de meternos en distintas situacións... E tamén ensaiamos unha obra de teatro, que se titula "Vacacións, por favor!".
https://goo.gl/photos/wmj8f8DSVWXwgzCA8

Pois ben, a semana pasada...foi a estrea mundial da nosa obra!
Fixemos carteis avisando, nos que aparecía o nome do noso grupo (As estrelas) e a data e hora da función. Bueno, das funcións, que fixemos dúas: unha o mércores e outra o xoves.
Tivemos un montón de público, e aplaudíronnos moito. Foi unha satisfacción moi grande. Porque traballamos un montón preparando todo, eh?
Queredes ver fotos? Pois, como sempre, pinchade na imaxe e accededes ao álbum.

miércoles, 15 de febrero de 2017

En conserva

Onte recibimos a visita de Emilio, o pai de Irene.
Emilio é biólogo, e traballa na Frinsa.
Explicounos moi ben toda a secuencia necesaria para facer unha lata de conserva: desde que o peixe chega en camións ás naves, ata que sae, outra vez en camións, envasado en latas.
Pasa por un montón de procesos: limpalo, cocelo, cortalo, metelo nas latas, esterilizar as latas...
Emilio traballa na zona onde se fan as análises para comprobar a calidade das conservas xa feitas.
https://goo.gl/photos/EiFGXpeo9BN2XFs57

Todo iso estivo moi interesante. Pero é que ademais...tróuxonos varias latas, para probar! E de verdade que demos boa conta delas...

lunes, 13 de febrero de 2017

Libros de lapelas

Como seguramente saberedes, na última temporada estivemos a facer uns libros de lapelas sobre temas relacionados coa presentación que nos fixo Irene da orixe da vida: os planetas, os volcáns, os movementos da Terra, a Lúa...
Investigamos en libros e en páxinas de internet, buscamos imaxes, pegamos, escribimos...e aprendemos un montón de cousas.
Da que tivemos feitos os libros de lapelas, decidimos ir mostrarllos a outras aulas. Así, ademais de aprender cousas sobre planetas e volcáns, aprendemos tamén a explicarnos en público, e imos perdendo o medo escénico.
https://goo.gl/photos/iUGGGqvsw4G6ceuY8

En todos os libros de lapelas hai un apartado de "Preguntas e respostas", que tamén elaboramos nós. E sabedes que? Algunha pregunta non souberon respondela, e iso que o noso público era case sempre maior que nós!

lunes, 6 de febrero de 2017

Quérote máis que...

En febreiro celebramos o día da Candeloria.
Seguro que coñecedes algún dito da nosa cultura popular sobre a Candeloria, a chuvia, e se acaba ou non o inverno, como este: 


Cando a Candeloria chora, o inverno vai fóra. 
Cando a Candeloria ri, o inverno está por vir
Que chore, que deixe de chorar, medio inverno está por pasar. 

Ademais, o día da Candeloria é o día en que se enamoran os paxariños.
Para celebralo, o timbre musical vístese de amor esta temporada. Primeiro, con "Quérote máis", do Sonoro Maxín. E agora, con "E isto é o amor", de Caxade.

https://goo.gl/photos/64ut8CKVEjExKrpq8

Nós, na clase, xogamos un pouco coa letra de Quérote máis, e inspirándonos nel fixemos o texto das postais para mandarnos mutuamente. Para ilustralas, a nosa fonte de inspiración foi Paul Klee. Podedes velas pinchando na imaxe. A ver se vos gustan.
Que bonito é quererse!