domingo, 26 de febrero de 2017

Hippies

Este venres, o noso cole parecía o festival de Woodstock.
Había hippies por todas partes!
Hippies xogando ao parchís, hippies bailando, pintando, xogando ás cartas...
Non o credes?
Pois aquí vos quedan as fotos para dar testemuña.
https://goo.gl/photos/tFf5mKmMuGyT81YPA

miércoles, 22 de febrero de 2017

Estrea mundial de "Vacacións, por favor!"

Como ben saberedes, no grupo de atención educativa este curso estamos traballando o teatro.
Durante o que vai de curso, estivemos traballando técnicas teatrais nas horas desa materia. Fixemos xogos de expresión corporal, xogos para traballar a voz, xogos de meternos en distintas situacións... E tamén ensaiamos unha obra de teatro, que se titula "Vacacións, por favor!".
https://goo.gl/photos/wmj8f8DSVWXwgzCA8

Pois ben, a semana pasada...foi a estrea mundial da nosa obra!
Fixemos carteis avisando, nos que aparecía o nome do noso grupo (As estrelas) e a data e hora da función. Bueno, das funcións, que fixemos dúas: unha o mércores e outra o xoves.
Tivemos un montón de público, e aplaudíronnos moito. Foi unha satisfacción moi grande. Porque traballamos un montón preparando todo, eh?
Queredes ver fotos? Pois, como sempre, pinchade na imaxe e accededes ao álbum.

miércoles, 15 de febrero de 2017

En conserva

Onte recibimos a visita de Emilio, o pai de Irene.
Emilio é biólogo, e traballa na Frinsa.
Explicounos moi ben toda a secuencia necesaria para facer unha lata de conserva: desde que o peixe chega en camións ás naves, ata que sae, outra vez en camións, envasado en latas.
Pasa por un montón de procesos: limpalo, cocelo, cortalo, metelo nas latas, esterilizar as latas...
Emilio traballa na zona onde se fan as análises para comprobar a calidade das conservas xa feitas.
https://goo.gl/photos/EiFGXpeo9BN2XFs57

Todo iso estivo moi interesante. Pero é que ademais...tróuxonos varias latas, para probar! E de verdade que demos boa conta delas...

lunes, 13 de febrero de 2017

Libros de lapelas

Como seguramente saberedes, na última temporada estivemos a facer uns libros de lapelas sobre temas relacionados coa presentación que nos fixo Irene da orixe da vida: os planetas, os volcáns, os movementos da Terra, a Lúa...
Investigamos en libros e en páxinas de internet, buscamos imaxes, pegamos, escribimos...e aprendemos un montón de cousas.
Da que tivemos feitos os libros de lapelas, decidimos ir mostrarllos a outras aulas. Así, ademais de aprender cousas sobre planetas e volcáns, aprendemos tamén a explicarnos en público, e imos perdendo o medo escénico.
https://goo.gl/photos/iUGGGqvsw4G6ceuY8

En todos os libros de lapelas hai un apartado de "Preguntas e respostas", que tamén elaboramos nós. E sabedes que? Algunha pregunta non souberon respondela, e iso que o noso público era case sempre maior que nós!

lunes, 6 de febrero de 2017

Quérote máis que...

En febreiro celebramos o día da Candeloria.
Seguro que coñecedes algún dito da nosa cultura popular sobre a Candeloria, a chuvia, e se acaba ou non o inverno, como este: 


Cando a Candeloria chora, o inverno vai fóra. 
Cando a Candeloria ri, o inverno está por vir
Que chore, que deixe de chorar, medio inverno está por pasar. 

Ademais, o día da Candeloria é o día en que se enamoran os paxariños.
Para celebralo, o timbre musical vístese de amor esta temporada. Primeiro, con "Quérote máis", do Sonoro Maxín. E agora, con "E isto é o amor", de Caxade.

https://goo.gl/photos/64ut8CKVEjExKrpq8

Nós, na clase, xogamos un pouco coa letra de Quérote máis, e inspirándonos nel fixemos o texto das postais para mandarnos mutuamente. Para ilustralas, a nosa fonte de inspiración foi Paul Klee. Podedes velas pinchando na imaxe. A ver se vos gustan.
Que bonito é quererse!