lunes, 25 de septiembre de 2017

Granadas


https://photos.app.goo.gl/x8jex6iknXsGMm402

Esas que vedes na imaxe son granadas.
Tróuxoas Valeria o venres pasado, para que probásemos a froita do granado que teñen na súa casa.
Abrímolas, e así puidemos ver como eran por dentro, como ulían...e como sabían!
Tamén buscamos información en internet, porque o primeiro que se nos ocorreu é que, se iso que tiñan dentro eran sementes, igual as podíamos plantar. Polo que vimos, hai que quitarlles a polpa ás sementes, e despois de secalas un pouco, enterrar varias en cada maceta, procurando que a terra estea sempre algo húmida, pero non enchoupada. Se funciona, hai que escoller os mellores plantóns para poñer en cadansúa maceta.
Así que, despois de probalas, gardamos algunhas sementes para plantar a semana que vén...e a ver se hai sorte.
Moitas grazas a Valeria e á súa familia por proporcionarnos esta experiencia cun froito que non toda a clase coñecía!