jueves, 21 de diciembre de 2017

Bo Nadal!

Chegou o final do trimestre.
Hora de irse de vacacións!!
Para celebralo, hoxe botamos o día de festa. Estivemos na clase xogando, comendo, bebendo e bailando. Diredes que que máis se pode pedir, non? Pois houbo máis! Porque tamén fomos ver a actuación do alumnado de 5º e 6º, que cantou para nós unha fermosa canción.
https://photos.app.goo.gl/jNOjeNe05FwmxNY43

E, por suposto, recibimos a visita do Apalpador.
Se dubidades, mirade as fotos, que dan proba de todo canto vos conto.
Pasádeo moi ben durante estas festas, para logo volver coas pilas cargadas.
Bo Nadal!!

lunes, 18 de diciembre de 2017

Proxecto cambio climático

Durante este trimestre, estivemos traballando nun proxecto sobre o cambio climático.
Aprendemos moitas cousas sobre as causas do cambio climático, así como acerca de medidas a tomar para tratar de frealo.
Algúns dos cambios que estamos padecendo xa (como furacáns enormemente virulentos, ou secas como non as recordaban nin as persoas máis vellas do lugar) alértannos da importancia de facer algo para que a temperatura do noso planeta non siga subindo de maneira descontrolada.
https://photos.app.goo.gl/qWMP0yMBiI6VWotp1

Da que acabamos de facer os nosos traballos, expuxémolos en distintas clases do noso cole.
Podedes mirar as fotos picando na que vedes aí arriba.
A ver se vos gustan!
E non esquezades tomar medidas para frear o quecemento do planeta. Se nolo propoñemos, seguro que o conseguimos!