lunes, 25 de septiembre de 2017

Granadas


https://photos.app.goo.gl/x8jex6iknXsGMm402

Esas que vedes na imaxe son granadas.
Tróuxoas Valeria o venres pasado, para que probásemos a froita do granado que teñen na súa casa.
Abrímolas, e así puidemos ver como eran por dentro, como ulían...e como sabían!
Tamén buscamos información en internet, porque o primeiro que se nos ocorreu é que, se iso que tiñan dentro eran sementes, igual as podíamos plantar. Polo que vimos, hai que quitarlles a polpa ás sementes, e despois de secalas un pouco, enterrar varias en cada maceta, procurando que a terra estea sempre algo húmida, pero non enchoupada. Se funciona, hai que escoller os mellores plantóns para poñer en cadansúa maceta.
Así que, despois de probalas, gardamos algunhas sementes para plantar a semana que vén...e a ver se hai sorte.
Moitas grazas a Valeria e á súa familia por proporcionarnos esta experiencia cun froito que non toda a clase coñecía!

jueves, 22 de junio de 2017

Río Xallas.

Ola 
Somos  Marta G  e  Álvaro e mandámosvos o noso Power Point do Río Xallas.
Espero que vos guste.

viernes, 16 de junio de 2017

RÍO ANLLÓNS

Ola:
somos Sabela e David F. de 2ºB do C.E.I.P. Heroínas de Sálvora.
Fixemos un Power Point do Río Anllóns.
Podedelo ver aquí.



Espero que vos  guste.

RÍO EO

Ola, somos Lucía, David e  Irene do C.E.I.P  Heroínas  de  Sálvora.
E  fixemos un  Power Point do  río  Eo.
Espero  que  vos  guste.

Río Sil

Ola, somos Valeria, Erea e Sofía de CEIP Heroínas de Sálvora de 2º B.
Na aula de informática fixemos un Power Point do Río Sil,  contamos o nacemento e todo sobre el.
Espero que vos guste.







jueves, 15 de junio de 2017

Pintar no muro: Thierry Noir

Thierry Noir foi un artista francés que viviu en Berlín moito tempo.
Cando el chegou a Berlín, a cidade estaba aínda dividida polo muro. El foi o primeiro en pintar enriba deste.
O muro estaba moi vixiado, e estaba prohibido pintar nel. Así que Noir buscou os lugares menos controlados, e púxose a deseñar os seus bonecos. Era a súa maneira de protestar contra un muro que dividía unha cidade de xeito irracional.
Thierry Noir procuraba ir acompañado de alguén que lle avisase de se viña a policía, para poder escapar a tempo.  Tamén buscou a sinxeleza, porque tiña que rematar pronto para evitar que o collesen.
Durante cinco anos, ata que caeu o muro, Thierry seguiu pintando sobre el as súas siluetas, que hoxe son un dos iconos de Berlín.

https://goo.gl/photos/wUqCoA5LBbHWrhk77
No cole quixemos renderlle unha pequena homenaxe a este artista de rúa, pintando ao seu estilo.  Fixemos na clase cadanseu debuxo, e logo escollemos un para pintalo fóra, no muro exterior do cole.
A que molan?

Aunque pintarlo estaba prohibido (los soldados tenían permiso para disparar en cuanto vieran cualquier actividad que ellos consideraran sospechosa en la zona inmediata a la frontera), se lanzó en 1984 a garabatear dibujos chillones, protestas gráficas contra el "monstruo" que partía a la ciudad por la mitad en los años finales de la Guerra Fría. Para sentirse más protegido, intentaba no ir solo y evitar las zonas poco frecuentadas.

Ver más en: http://www.20minutos.es/noticia/2117841/0/thierry-noir/muro-de-berlin/pintura/#xtor=AD-15&xts=467263
. Aunque pintarlo estaba prohibido (los soldados tenían permiso para disparar en cuanto vieran cualquier actividad que ellos consideraran sospechosa en la zona inmediata a la frontera), se lanzó en 1984 a garabatear dibujos chillones, protestas gráficas contra el "monstruo" que partía a la ciudad por la mitad en los años finales de la Guerra Fría. Para sentirse más protegido, intentaba no ir solo y evitar las zonas poco frecuentadas.

Ver más en: http://www.20minutos.es/noticia/2117841/0/thierry-noir/muro-de-berlin/pintura/#xtor=AD-15&xts=467263
. Aunque pintarlo estaba prohibido (los soldados tenían permiso para disparar en cuanto vieran cualquier actividad que ellos consideraran sospechosa en la zona inmediata a la frontera), se lanzó en 1984 a garabatear dibujos chillones, protestas gráficas contra el "monstruo" que partía a la ciudad por la mitad en los años finales de la Guerra Fría. Para sentirse más protegido, intentaba no ir solo y evitar las zonas poco frecuentadas.

Ver más en: http://www.20minutos.es/noticia/2117841/0/thierry-noir/muro-de-berlin/pintura/#xtor=AD-15&xts=467263

miércoles, 14 de junio de 2017

Rio Tambre

Ola Somos Nerea, Alba e Marta P. Esta é a nosa presentacion do Rio Tambre, esperemos que vos guste. E se vos gusta dádelle a "gústame".Gracias.