Que pasa cos residuos que xeramos a diario? Desaparecen? Convértense noutra cousa? Todos eles experimentan os mesmos cambios, ou algúns son máis doados de descompoñer que outros?
Para dar resposta a esas preguntas, onte comezamos un experimento con residuos. Cavamos un oco na terra, e alí puxemos distintos tipos de residuos: papel, papel hixiénico, mondas, un tetra brick, papel de aluminio e un bote de plástico.
Puxemos sobre cada un unha etiqueta, para saber onde quedou enterrado.
Tamén fixemos as nosas hipóteses persoais sobre o que sucederá con cada un dos materiais despois de levar algún tempo na terra.
Agora toca agardar ata finais de curso, cando volveremos a cavar para ver o que pasou.
Cumpriranse as nosas expectativas? Quen acertará nas súas hipóteses?
Saberédelo no próximo capítulo! ;-)
martes, 10 de abril de 2018
jueves, 21 de diciembre de 2017
Bo Nadal!
Chegou o final do trimestre.
Hora de irse de vacacións!!
Para celebralo, hoxe botamos o día de festa. Estivemos na clase xogando, comendo, bebendo e bailando. Diredes que que máis se pode pedir, non? Pois houbo máis! Porque tamén fomos ver a actuación do alumnado de 5º e 6º, que cantou para nós unha fermosa canción.
E, por suposto, recibimos a visita do Apalpador.
Se dubidades, mirade as fotos, que dan proba de todo canto vos conto.
Pasádeo moi ben durante estas festas, para logo volver coas pilas cargadas.
Bo Nadal!!

lunes, 18 de diciembre de 2017
Proxecto cambio climático
Durante este trimestre, estivemos traballando nun proxecto sobre o cambio climático.
Aprendemos moitas cousas sobre as causas do cambio climático, así como acerca de medidas a tomar para tratar de frealo.
Algúns dos cambios que estamos padecendo xa (como furacáns enormemente virulentos, ou secas como non as recordaban nin as persoas máis vellas do lugar) alértannos da importancia de facer algo para que a temperatura do noso planeta non siga subindo de maneira descontrolada.
Da que acabamos de facer os nosos traballos, expuxémolos en distintas clases do noso cole.
Podedes mirar as fotos picando na que vedes aí arriba.
A ver se vos gustan!
E non esquezades tomar medidas para frear o quecemento do planeta. Se nolo propoñemos, seguro que o conseguimos!

miércoles, 29 de noviembre de 2017
Dia 29 de Novembro,o tempo de hoxe
Hoxe fai sol con nubes,a temperatura interior é de 18,1º e a temperatura esterior é de 12,0 grados.
Feito por Alba
Feito por Alba
martes, 28 de noviembre de 2017
Hoxe e 28 de novembro
Hoxe vai sol e un pouco de frío. A temperatura exterior é de 19.1º e a interior de 17.9º.
Este trabayo está feito por Marta Lois
Este trabayo está feito por Marta Lois
lunes, 27 de noviembre de 2017
O tempo de hoxe
Hoxe o dia esta soleado.
A temperatura interior e de 17º e a temperatura exterior e de 9.7º.
Feito por Marta G.
A temperatura interior e de 17º e a temperatura exterior e de 9.7º.
Feito por Marta G.
martes, 21 de noviembre de 2017
O cambio climático
Ola son Marta Pastoriza e fixen un video que se trata de como frear o cambio climático.
Podedes velo aquí
Espero que vos guste.
Podedes velo aquí
Espero que vos guste.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)